de seráns

Axenda cultural galega tradicional.

  • A Coruña
    Serán Sons do Ilicinio
    Asociacion Mestre Manuel GACIO

    Serán Sons do Ilicinio

    Recordade que este sábado hai serán! Se che apetece pasar unha noitiña con boa música e Festa anímate a vir! E trae o teu instrumento! O remate haberá foliada aberta. Música é baile ata que non demos mais!

    Serans | 1 | Lestedo

    19

    Sábado
    Outubro
  • Pontevedra
    IV Serán De Ribadelouro
    Centro Cultural de Ribadelouro

    IV Serán De Ribadelouro

    Xa está aquí o noso IV Serán e con él un día cheo de música, baile e festa. Agardámovos a todos no Centro Cultural de Ribadelouro. Haberá papatoria de balde. E como non.... non faltarán os grandes sorteos que vimos realizando dende fai anos. Xa o sabedes, quedades ben avisados.... festa a esgalla!!!!

    Serans | 6 | Tui

    19

    Sábado
    Outubro
  • Pontevedra
    II Serán A. C. SADEO
    A. C. SADEO

    II Serán A. C. SADEO

    1 de novembro na Praza Maior: SERÁN!!! Dentro da programación da Feira de Outono que organiza o Concello de Ponteareas 30 de novembro arredor das 20h no Outono Cultural da AA. VV. Santa Marina de Cabral: GBMT Sadeo

    Serans | 248 | Ponteareas

    01

    Venres
    Novembro
  • Pontevedra
    O Serán Desta Aldea: O Ceo - Xornada do baile comunal
    AGG - Asociación de Gaiteiros Galegos

    O Serán Desta Aldea: O Ceo - Xornada do baile comunal

    O vindeiro domingo 4 de Novembro a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s e o Concello de Mondariz coa colaboración da Deputación de Pontevedra organizan O SERÁN DESTA ALDEA: O CEO. Xornada do Baile Comunal en Mondariz. Unha xornada lúdica onde compartiremos tradición, tocando, cantando e bailando. Cada ano centrarémonos nunha aldea, homenaxeando ás súas tocadoras de xeito que poidamos reivindicar ás nosas grandes mestras da tradición e colaborar a consolidalas como o referente vivo que teñen que ser. Este ano a xornada estará centrada no barrio do Ceo (Mondariz) e imos homenaxear a dúas das súas tocadoras, Flora da Ponte (falecida no 2015) e Delfina dos Martas, que compartirá a xornada con nós. Tamén teremos ocasión de asistir a un obradoiro de canto impartido por Felisa Segade (Leilía), "Repertorio dos bailes de pandeireta do barrio do Ceo"; á charla “Repensando o baile comunal: novos contextos para antigas tradicións” da man da etnomusicóloga Xulia Feixoo; e ao obradoiro de baile que impartirá Montse Rivera (Leilía) "O baile nos seráns do barrio do Ceo".

    Concerto | 21 | Mondariz

    04

    Luns
    Novembro
  • Pontevedra
    Serán en Rebordáns
    Centro Cultural San Fins de Rebordáns

    Serán en Rebordáns

    Que se está a cocer en Rebordáns o venres 11 de outubro, aparte do chocolate pra a chocolatada? Pois toca SERÁN!!! Ás 20.30 comezan ás inscricións. Haberá sorteos, petiscos e por suposto moita festa!!! Animádevos!!!!

    Serans | 78 | Tui

    11

    Luns
    Novembro